O equipo

Nestas eleccións municipais, preséntovos un equipo plural e diverso que me acompaña na honra de levar a Bueu ao lugar que merece, unha candidatura preparada para gobernar Bueu desde o minuto un.

A veciñanza de Bueu, este 28 de maio, terá a posibilidade de escoller un equipo serio, solvente e preparado do Partido Popular, co obxectivo de darlle un cambio a Bueu, porque non nos resignamos a que Bueu siga perdendo poboación e oportunidades.

Elena Estévez

Elena Estévez (Bon, 1970)

Candidata á Alcaldía de Bueu. Licenciada en Dereito, foi alcaldesa de Bueu entre o 2004 e 2007, ademais de traballar tamén nunha empresa familiar. Defínese como unha persoa empática, traballadora e transparente.

«Se a veciñanza de Bueu confía en min e no meu equipo nas eleccións, quero levar a cabo unhas políticas centradas no emprego, no mantemento dos espazos públicos, na igualdade e na cultura e turismo da vila. É fundamental poñer en valor Bueu, que sintamos orgullo da nosa vila e que todos os veciños teñan os servizos básicos que merecen».

+ información

Manuel Santos Pires (Aldán, 1970).

Ocupa o posto número 2 da candidatura. Licenciado en economía (especialidade economía pública) e xestor administrativo, é copropietario de Xestoría Safre. Defínese como unha persoa apaixonada polos números as motos e Bueu.

“Creo que, estando en el equipo de Elena, puedo aportar rigor y seriedad en la gestión de las cuentas, así como una gran capacidad de trabajo en equipo para llevar a Bueu al lugar que merece”.

María Blanco (Bueu, 1982).

Ocupa o posto número 3 da candidatura. É a xefa de negociado de delineacion e topografía do servizo de infraestruturas e vías provinciais da Deputación de Pontevedra. Defínese como unha persoa cercana, dialogante e con capacidade de traballo. 

“Coido que, ao estar no equipo de Elena, podo contribuír ao desenvolvemento urbanístico do noso concello dunha forma razoada, sustentable e enfocada nos veciños e veciñas de Bueu. Achegarei unhas ideas moi claras do Bueu que quero axudar a crear”.

Isolina Villanueva (Bueu, 1979)

Ocupa o posto número 4 da candidatura. Desde hai máis de 20 anos, dedícase profesionalmente ao sector téxtil, tendo na actualidade unha empresa da rama. Defínese como unha persoa constante, sinceira e solidaria.

“Creo que aporto a la candidatura de Elena una visión cercana de los problemas de Bueu de forma global, con especial atención cara a las necesidades sociales de los vecinos”

Suso Piedras (Loureiro, 1972)

Ocupa o posto número 5 da candidatura. Master en calidade e Medio ambiente, na actualidade traballa como conductor de ambulancias. Defínese como unha persoa responsable con ganas de cambiar o mantemento e aspecto de Bueu.

«Creo que podo aportar ó equipo de Elena novos proxectos e ideas, xa que despois de traballar tamén máis dunha década no concello de Bueu coñezo moi de preto moitas das carencias e necesidades da nosa vila».

Daniel Chapela (Meiro, 1999)

Ocupa o posto número 6 da candidatura. Estudante de último curso do Grao en Lingua e Literatura Galegas, é o coordinador de Cultura do PPdeG. Defínese como unha persoa constante, concienzuda e interesada no fomento da cultura e da lingua galega.

«Coido que a miña mellor achega ao proxecto de Elena é unha diagnose clara das necesidades culturais e turísticas de Bueu, así como unha serie de medidas para fomentar estes ámbitos de xeito contundente e responsable».

Marta María Liméns (O Norte, 1973).

Ocupa o posto número 7 da candidatura. É especialista en venda, estética e maquillaxe, tendo proxectos propios como Cosecha de Luna. Defínese como unha persoa optimista, empática e comprometida con Bueu. 

“Creo que, formando parte del proyecto de Elena, puedo trasladar mi visión como emprendedora sobre las necesidades del comercio y las empresas de Bueu, así como ayudar a todos los trabajadores por cuenta ajena en el desarrollo de sus proyectos propios”.

Macame Núñez (Banda do Río, 1971)

Ocupa o posto número 8 da candidatura. Ten estudos de auxiliar de clínica e na actualidade é ama de casa. Defínese como unha persoa constante, involucrada e interesada polo seu barrio.

“Creo que, como concejala, igual que como vecina, puedo aportar siempre trabajo, ideas y una gran preocupación y esfuerzo para que el pueblo mejore. Conmigo en el gobierno la Banda del Río tendrá, por fin, las obras que merece”.

Manuel Freire (Banda do Río, 1966)

Ocupa o posto número 9 da candidatura. Actual presidente da xestora do PP, dedícase profesionalmente ao sector forestal e hostaleiro. Defínese como unha persoa con inquedanzas, interesada no rural e nas parroquias.

“Formo parte da candidatura de Elena coa ilusión de saír elixido e poder colaborar co equipo para darlle nun novo impulso a Bueu e convertelo nun pobo máis agradable para vivir e desfrutar.”

Antonio Buceta ‘O do Managra’ (Banda do Río, 1981)

Ocupa o posto número 10 da candidatura. Con estudos de FP de mecánica, desde hai máis de dúas décadas dedícase ao sector do mar, con máis de 15 na súa propia embarcación. Defínese como unha persoa sinxela, preocupado polo sector do mar e que dedica o seu tempo libre ás súas amizades. 

“Creo que estar no equipo de Elena pode achegar unha visión moi achegada do sector do mar ao goberno de Bueu, traballando sempre na súa defensa”.

Patricia Martínez (Bueu, 1971)

Ocupa o posto número 11 da candidatura. Nos últimos anos estivo vinculada ao partido, así como a diferentes organizacions locais, como é Cáritas Bueu. Defínese como unha persoa extrovertida, empática, decidida e traballadora.

“Volver a estar en este equipo reafirma mis ganas de convertir Bueu en la villa marinera que se merece. Un pueblo limpio, ordenado y acondicionado para el servicio de los ciudadanos”.

Benito Estévez (Bon de Abaixo, 1974)

Ocupa o posto número 12 da candidatura. Desde hai máis dunha década, é bombeiro forestal nos servizos de extinción do lume. Defínese como unha persoa achegada, interesada polo medio ambiente e natural.

«Creo que formando parte de la candidatura de Elena puedo aportar al Concello diferentes ideas para el cuidado de nuestros espacios públicos y la implantación de una red de servicios básicos para todo el municipio».

Inmaculada Lama (Bueu, 1966)

Ocupa o posto número 13 da candidatura. Traballa no Instituto Social da Marina de Bueu. Defínese como unha persoa alegre, responsable e comprometida co seu traballo. 

“Creo que, formando parte del proyecto de Elena, puedo aportar una visión sobre las necesidades y carencias de los trabajadores y familiares del mar para mejorar su vida”.

Marián Millán (Bueu, 1981)

Ocupa o posto número 14 da candidatura. Traballa como auxiliar de xeriatria na Asociación de Alzheimer do Morrazo e dedde hai dous anos é a presidenta da ANPA Alborada do C.P.R. Virxe Milagrosa. Definese como Unha Muller traballadora, entregada os demais e amante de Bueu.

«Chegamos da man de Elena dispostos a traballar por o Bueu que merecemos. Por un Bueu que sexa de todos e para todos, aportando traballo, frescura e ilusión.»

Alejandro Aguete (A Torre, 1968)

Ocupa o posto número 15 da candidatura. É administrativo nunha empresa armadora. Defínese como unha persoa tranquila e honrada. 

“Coido que, ao estar no equipo de Elena, podo contribuír con coñecemento e experiencia na parte económica de Bueu, así como trasladando as demandas dos meus veciños”.

Ana Patiño (A Achadiza, 1974)

Ocupa o posto número 16 da candidatura. Con estudos de técnica administrativa, desde hai máis de dúas décadas traballa na súa empresa familiar. Defínese como unha persoa leal, traballadora e achegada. 

“Desde o meu punto de vista, creo que podo achegar a miña experiencia persoal na loita pola igualdade entre homes e mulleres, así como compromiso e unha visión concienzuda das necesidades de Bueu».

Tomás Barreiro (A Pena, 1954)

Ocupa o posto número 17 da candidatura. Alcalde de Bueu entre 1999 e 2003 e exbateeiro. Defínese como unha persoa traballadora, con inquedanzas e tenaz

“Creo que, formando parte da candidatura de Elena, podo achegar lealdade e veteranía, coñecendo o funcionamento do Concello e as necesidades dos veciños de Bueu”.

Inés Freire (Cela, 1977)

Ocupa o posto de primeira suplente na candidatura. Con estudos de auxiliar administrativa , desde fai uns anos traballa no sector do transporte e da loxística. Tamén forma parte da ANPA do Eduardo Pondal e da Asociación de Mulleres en Igualdade do Morrazo. Defínese como unha persoa traballadora e con preocupacións pola vila e pola xente que vive nela. 

«Formar parte do equipo de Elena dáme a oportunidade de cambiar e mellorar moitos aspectos  da vida dos meus veciños e de levar a cabo a transformación que Bueu necesita».

Ramón Cerviño Valero (Cela, 1978)

Ocupa o posto de segundo suplente na candidatura. É perruqueiro e ten a súa propia empresa. Defínese como unha persoa traballadora, constante e preocupado pola súa parroquia.

“Creo que ao estar na candidatura de Elena podo proporcionar ideas para mellorar Cela e a vida dos meus veciños”.

Pilar Otero (Banda do Río, 1975)

Ocupa o posto de terceira suplente na candidatura. É a responsable da administración, relacións públicas e de proxectos de Frigoríficos Rosa de los Vientos. Definese como unha persoa comprometida, resolutiva e innovadora. 

“En la candidatura de Elena puedo aportar mis conocimientos en varias áreas importantes para nuestro pueblo, como es el ámbito empresarial, social, económico y deportivo, promocionando Bueu por toda España y Europa”.